A pasada fin de semana a normalidade volveu as competicións femininas, xogando todas as nosas representantes os seus respectivos encontros!

O PM Friol-CD Lugo manténse na parte alta da táboa tras superar con creces ao Cd Oceja na Reigosa, 5-1. Coa victoria as lucenses son terceiras, posto de promoción, a falta da disputa de 8 xornadas.

Na Primeira Galicia, a SD Antas venceu a un rival directo, a SCD Pastoriza(2-1). Pese a non completar un bon partido, os tres puntos quedaron no Castro Seoane. Destacaron as paradas de María, que permitiron a victoria das azulonas! A SCD Milagrosa, pola súa banda, perdeu 2-0 na casa do Victoria CF “B”, o que as mantén nunha situación comprometida de cara ao final da temporada.

Xa na Segunda Galicia, o derbi lucense entre PM Friol-CD Lugo “B” e Carballedo solo tivo un dono, 9-0 para o equipo filial. No partido influiu que as visitantes tiveron que tirar dunha xogadora de campo para cubrir o posto de gardamallas pero, aínda así, semella que a categoría lles queda pequena ás de Friol. A SD Chantada empatou 2-2 co Silva e o partido da Comercial e o Vioño foi aprazado.

Por último, no Fútbol-8, a SD Burela venceu (11-0) ao Silva “B”. Pese ao abultado do resultado, a máis destacada das mariñanas foi a porteira, Iria Pérez! A SCD Milagrosa “B” tamén venceu, 1-3, ao CD Obrero!!!

 

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*