Antón Méndez, SD Becerreá: "Teño unha sintonía total co clube e co presidente"

Hoxe, Futbolinlugo falou con Antón Méndez, a quen xa podemos considerar un clásico nos banquiños do Becerreá. Tras dez anos na entidade, e a pesares de certos rumores que indicaban a existencia dunha posibilidade de saída, Antón continuará un ano máis no Municipal.

Sempre é un pracer falar con xente como Antón, chea de optimismo e con moito ímpetu gañador. Velaquí as súas palabras!!

Futbolinlugo: Ola Antón. Que motivos levaron a túa renovación co Becerreá cando todo apuntaba a túa saída?

Antón: A miña saída tampouco, non había moito falado e levo dez anos en Becerreá. O que si deixei foi o equipo de Rexional, por cansanzo e diferentes motivos. Estou moi a gusto no clube, teño una sintonía total coa entidade e co presidente, e iso foi o que fundamentalmente levou á miña renovación.

Antón leva 10 anos no Municipal.

 

Futbolinlugo: Estás contento coa xente da vila e coa numerosa afluencia de público en cada partido?

Antón: Si, ao levar tantos anos aquí sítome moi identificado co clube. Vin medrar ao Becerreá desde practicamente a súa fundación ata o día de hoxe, a pesar de que por exemplo na base é difícil medrar ao ser una vila pequena na que cada vez hai menos rapaces e cómpre buscalos en vilas colindantes, e en moitas categorías estamos xustos. O obxectivo sempre foi ter o maior número posible de equipos en competición e case todos os anos o logramos, ben tirando de categorías inferiores (alevíns con infantís, infantís con cadetes…), xa que os planteis son moi curtos e iso dificulta á hora de competir ante equipos da capital, ou ben de lugares como Sarria… Con ganas e dobrando os esforzos dalgúns nenos conseguimos estar aí.

 

Futbolinlugo: Precisamente agora que tratades de buscar máis rapaces poderíase conseguir un ascenso do Becerreá a unha Liga Galega?

Antón: Iso é unha espiña cravada para min. Sendo eu o adestrador temos xogado dúas ou tres fases de ascenso e sempre quedamos ás portas cuns moi bos planteis algún deses anos.  Vindo de onde viñemos, non obstante, xa ten certo mérito xogar esas fases e ser protagonistas. Continuaremos tentándoo, pero depende das xeracións de xogadores. Este ano, por exemplo, os infantís estiveron preto, pero contabamos cun plantel bastante curto, pese ao noso potencial, xa que vencimos ao Polvorín (equipo que logrou o ascenso) e ao Racing Vilalbés (que tamén segue adiante na fase de ascenso). Perdimos puntos en partidos que non deberíamos, e iso penalizou á hora de conseguir estar aí arriba.

 

Futbolinlugo: Cal sería a túa valoración da base esta campaña?

Antón: O correspondente aos infantís xa está comentado, escapou a Liga nun partido contra o Abuín, e na fase final estivemos algo frouxos… Levei tamén aos benxamíns, conxunto algo irregular pero que loitou ata o último instante por meterse arriba na copa, mediante unha remontada ao longo dos derradeiros encontros, pero no último perdimos…

Houbo moitos partidos nos que o equipo mereceu gañar, pero ás veces a sorte non está de cara.

Futbolinlugo: E do equipo sénior?

Antón: No equipo sénior tivemos dificultades ata o último momento. Tiñamos tamén un plantel moi novo con xente moi inexperta, xa que xogamos moitos partidos con varios xuvenís de último ano, que aínda que son talentosos, non deixan de ser xuvenís. En certos campos a experiencia aporta moito, e non tivemos ninguna sorte. Houbo moitos encontros nos que o equipo mereceu gañar ou puntuar, e hai veces que a cousa non está de cara. Sen esaxerar, perdimos seis ou sete partidos no minuto 90 (Palas, Residencia, San Roque…). O conxunto competiu ben, pero os resultados non se axustaron ao merecido. Non obstante, é unha base na que a maioría dos rapaces novos continuarán, e o equipo vai ir para arriba.

 

Futbolinlugo: Moitas gracias por atendernos. Un saúdo.

Antón: A vós.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*