O Folgueiro impuxo a súa superior categoría logo do ascenso a Primeira, e gañou o triangular celebrado no Cascabeiro patrocinado polas empresas Esencias da Mariña e Sonova. O conxunto adestrado por Jandri superou claramente ao Celeiro no primeiro encontro da tarde, ao que dobregou por 0-5- No segundo entrou en liza o conxunto local ante o Celeiro. O Celta Barreiros foi superior na primeira metade do choque, pero non atopou o camiño do gol. O conxunto de Martín Rodríguez medrou co paso dos minutos e puido facerse co encontro nos derradeiros intres. Ao final empate sen goles. No terceiro choque Folgueiro e Celta xogábanse o Triangular. Nun partido igualado, os do Vicedo superaron ao conxunto barreirense por 0-1.

Aquí unhas imaxes do Triangular:

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*