Agardando que se poñan en marcha tódalas categorías do noso fútbol, chega a segunda xornada en Terceira e Preferente. Ademáis, primeira rolda eliminatoria da Copa Deputación.

Sábado 31 de agosto

– Club Lemos – Puebla C.F. (18:30 horas na Pinguela): non puido ser mellor o comezo do conxunto monfortino. Un triunfo en Dubra, que quere refrendar ante a súa afección. Os do Barbanza comezaron tamén gañándolle ao Boiro na primeira xornada.

O Lemos, ás ordes de Edu Rodríguez, comezou a temporada do xeito soñado

Domingo 1 de setembro

– Polvorín – C.D. Pontellas (12 horas na Cheda): logo da facer un bo partido, pero con derrota en Arousa, o filial lucense buscará un triunfo ante un recén ascendido, que debuta na categoría.

– S.D. Silva – Racing Vilalbés (12 horas na Grela 1): os chairegos buscarán sumar tres puntos ante un rival imprevisible. O focense Xusto xogará ante os seus ex compañeiros.

Último enfrontamento: 18 de abril de 2019 (2-3). Goles de Aarón Sánchez e Angulo para os coruñeses e de Javi Varela, Denis e José Varela para o Racing.

Xusto será un dos protagonistas do encontro ao enfrontarse ao seu ex equipo

Viveiro C.F. – C.D. Boiro (12 horas en Cantarrana): comezo ilusionante o do cadro mariñán. Goleada ao Boimorto e gran fútbol. Agora reciben a un Boiro que non comezou con bo pé, pero que conta cun gran potencial.

Último enfrontamento: 9 de setembro de 2012 (0-2). David Calo e Hugo Soto anotaron os tantos para os visitantes.

S.D. Sarriana – S.D. Residencia (18:30 horas na Ribela): O noso partido da xornada. Derbi provincial no que os lucenses porán a proba o novo proxecto sarriao liderado por Dani Fernández.

Último enfrontamento: 14 de setembro de 2014 (2-2). Carnero e Marino anotaron para a Sarriana, mentres que Hugo e Roberto Besteiro fixérono para a Residencia.

Atlético Arteixo – Ribadeo F.C. (12 horas na Ponte dos Brozos): os de Rafa Casanova, logo de empatar ante o Sigüeiro, viaxan a outro campo complicado como é a Ponte dos Brozos. Na súa odisea lonxe do Pepe Barrera, os ribadenses buscarán sumar o maior número posible de puntos.

Último enfrontamento: 7 de outubro de 2018 (0-0).

Criss será unha temporada máis a referencia ofensiva do Ribadeo

Noia C.F. – C.D. Foz (18:30 horas en San Lázaro): malia xogar un bo treito de encontro con dez, os focenses foron quen de igualar ante a Sarriana. Agora visitan outro dos ósos duros da categoría, adestrado este ano por Iván Carril.

Último enfrontamento: 26 de maio de 2019 (3-1). Quintairos en dúas ocasións e Piñeiro marcaron para o Noia e Iban Gayol fíxoo para o Foz.

Copa Deputación

 – S.D. Santaballés – U.D. Folgueiro (Domingo ás 18:30 horas na Liga): un dos mellores equipos de Primeira a pasada temporada reciben ao recén ascendido Folgueiro, que da man de Jandri Rego, quererá demostrar que está preparado para competir na nova categoría.

– S.D. Burela – C.D. Castro (Domingo ás 18 horas na Marosa): o cadro mariñán, moi reforzado de cara a nova temporada, recibe a un Castro que da man de Vitín, buscará resarcirse da última mala campaña.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*