Daniel Suárez Vázquez, «Catanha» é una persoa máis que coñecida no Sangoñedo, en Chantada. Aos seus 46 anos, leva moito máis da metade da súa vida traballando neste campo. Ama o fútbol, ama a súa vila -Chantada- e o seu amor é ben correspondido polos xogadores e directivos dos dous clubes da vila, Chantada Atlético e SD Chantada. Para demostrar este afecto, as directivas destes equipos decidiron facerlle una homenaxe a este gran home! Desde Futbolinlugo, queremos dar a coñecer un pouco máis de quen é este Catanha e dignificar a súa gran labor. Falamos con Dani:

Pregunta: Cal é a túa función no Sangoñedo?

Resposta: A miña principal función é axudar aos equipos da vila. Colaboro con eles entregando o material aos equipos visitantes, reparto auga aos distintos conxuntos e aos árbitros, recollo os balóns que marchan fóra do campo… Fago un pouco de todo.

P: En que consistiu a homenaxe que che fixeron os dous clubes da vila esta fin de semana?

R: Agasalláronme cunha sudadera cos dous escudos e permitiron que fixera o saque de honor no derbi chantadino (Chantada B-Chantada Atético). A verdade é que esta homenaxe foi moi inesperada. Foi unha gran sorpresa por parte dos dous clubes da vila e levei una enorme alegría. 

Catanha posando vestido coa sudadera que lle foi entregada polos clubes da vila.

P: Que significa para ti o fútbol?

R: O fútbol o é todo. Levo máis de 32 anos colaborando no Sangoñedo e coñezo a moita xente gracias a esto, xa que pasan por aquí moitos equipos e a verdade é que estou moi contento de formar parte do fútbol chantadino. Sen o fútbol morrería, xa que insisto, é todo!

P: Imaxinamos que es un home da vila de toda a vida. Es coñecido polo teu traballo?

R: En Chantada case todo o mundo me coñece gracias a este humilde traballo no Sangoñedo. Son moi feliz no campo e sobre todo coa xente dos clubes, que me trata xenial.

P: Non obstante, na vida hai preferencias. Cal é a túa, SD Chantada ou Chantada Atlético?

R: Son dous clubes da vila e non teño que escoller a ningún. Son todos os xogadores coñecidos e moitos son amigos, vinos crecer no campo e tanto os xogadores da SD como os do Chantada Atlético son moi boa xente e vou con eles a onde sexa. Eu son do fútbol chantadino.

P: Moitas gracias por responder as nosas preguntas Dani.

R: A vós.

O fútbol modesto non sería o mesmo sen homes como Catanha, e sempre é un luxo poder falar con eles para coñecer a súa perspectiva e un orgullo contar con eles no fútbol lucense.

Queriamos agradecer a Diego García, «Gufy», directivo do Chantada Atlético desde a súa fundación, a súa dilixente axuda á hora de realizar esta entrevista.

Comparte
      

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*