A Sarriana vén de alcanzar o liderado e mete a directa cara a próxima Preferente. Falamos cun dos seus xogadores de referencia: o gardamallas Marcos Macía.

FUTBOLINLUGO: Boas Marcos. Despois de moitas xornadas, a Sarriana xa está no primeiro posto. Como está o equipo?

MACÍA: Estamos ben pero quedan sete partidos. Por agora estamos ben, pero o que importa é gañar. Sempre hai algo polo que xogar.

FIL: Quedan poucas xornadas e a situación pinta realmente ben. Moi mal se tería que dar para non ver á Sarriana en Preferente nunhas poucas semanas, non?

MAC: Sí, pero no fútbol pode pasar. Hai que saltar ao campo coma sempre, co máximo respeto. A gañar e xogarlle ao rival de ti a ti. Queriamos chegar nesta situación ao final do campeonato. Queriamos estar arriba e pelexar por ascender.

FIL: Onde están as claves do gran rendemento do equipo?

MAC: Somos un bloque. Hai xogadores que marcan a diferenza na Primeira Rexional. Á hora de defender a xente é moi solidaria, un bloque. Logo temos algunha individualidade que che pode decidir un partido puntualmente

FIL: Quizais por culpa desa boa defensa, levades ata nove partidos ganados pola mínima. Qué conclusión sacamos disto?

MAC: Gánase pola mínima e hai fases de partido nas que o equipo sabe sufrir. É difícil dominar durante os noventa minutos. Os únicos partidos que tivemos así máis cómodos foron ante o San Roque. Ganamos moitos 1-0 e iso tamén  é o fútbol.

FIL: No verán fíxose un cadro de xogadores no que se mesturaba experiencia e xuventude. Sorprendeute algún dos rapaces en especial?

MAC: Hai veteráns como Marino e Marzán que marcan as diferenzas e axudan aos xóvenes. Eu non coñecía a Barrio. Paréceme un central increible. Pero o importante é que temos un equipo moi compensado.

FIL: Por último, qué foi o que pasou co Taboada e co Valadouro? Houbo queixas de certas actitudes túas…

MAC: En Taboada creo que o que dixo iso non viu o partido. En primeiro lugar, non me dirixín á grada en ningún momento. Se meto un gol, non vou chorar nin pedir perdón. Teño a conciencia tranquila. Co do Valadouro falei co adestrador, falamos e solucionamos. A mentira ten unhas patas moi cortas. Eu tampoco digo todo o que me din detrás das porterías. O que pasa no campo queda no campo.

 

Fotografías: S9 Fotografía

Comparte
                              

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*