Os derbis desta xornada fixeron cambiar os postos de descenso. A Residencia sae da queima logo de superar ao Outeiro de Rei nun derbi moi parello e disputado en Friol. O cadro de Juan Peón tivo oportunidades para conseguir o empate, pero o meta capitalino Diego Bravos foi decisivo nos momentos clave. Ese posto de descenso que ocupaba a Residencia é agora para o Viveiro, que sufriu un auténtico pesadelo en Castro. Gañaba por 0-1 co gol de Arturo e viu como nas postrimerías do encontro, os de Javi López remontaban. O último gol local foi no minuto 96. O cadro mariñán sufriu ata tres expulsións: a do míster Chusky, o seu segundo Manuel Vicente e o atacante Xenxo. Ademais, o Atlético Escairón perdeu na súa visita ao Sofán a pesares de adiantarse no marcador. Competiu de ti a ti co seu rival porén marchouse sen os puntos. Puntos que necesita conseguir nas próximas xornadas porque a zona de descenso atópase moi preto.

No outro extremo da táboa o Ribadeo, con varias baixas, superou con claridade ao Xallas e métese de cheo na pelexa pola terceira praza. Incluso, por algo máis xa que a derrota do Polvorín ante o Estudiantil comprime a zona alta da táboa. Os xogadores menos habituais para José Durán resultaron do máis destacado para o filial do Lugo. Por último, o Rácing Villalbés derrotou ao potente Bergantiños. O postreiro gol de Álex Pérez coloca ao fin aos chairegos nos postos de play off de ascenso. Por certo, nos de Carballo os lucenses Iago López e Pablo Antas foron titulares neste encontro.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*