Xa temos a primeira vítima dunha das decisións máis controvertidas do verán. Kiko Rey non adestrará ao Xove Lago esta campaña. A pasada semana sabíase na Asemblea da Federación Galega de Fútbol, que o técnico que non tivese o Nivel-2 non podería adestrar na Primeira Galicia. Dous clubes eran os principais perxudicados: Santaballés e Xove Lago.

Miguel Sancosmed, na súa etapa no Viveiro

Neste último, puxéronse a traballar arreo para solucionar o problema. A rumoroloxía situaba a Alberto López na Mariña a pasada semana porén se nada se torce será Miguel Sancosmed o substituto de Kiko Rey en Xove. Iso sí, Rey non deixa o clube co que ten «unha relación fenomenal» e mesmo axuda activamente na «procura do novo técnico». O mítico exxogador mariñán dirixirá na base do cadro verde e non pensa sacar o título de Nivel 2. Nas súas propias verbas: «Eu adestro para matar o gusaniño, non para vivir disto. Coa base chégame e tampouco me plantexo irme a unha Segunda ou Terceira Rexional».

Sabendo isto, falamos cos amigos do Santaballés. En concreto, co seu presidente Jesús Naseiro. Asegurounos que «a Federación comprometeuse a buscar unha solución para esta temporada e estamos á espera da súa chamada». Tamén, que «hai que agardar a ver se fan o Nivel 2 en Villalba». Aínda así, «Carlos Pena será o noso técnico», indicou Naseiro. A pesares de non ter a titulación que se solicita.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*