Cada verán, o Luis López Gorgoso convértese nun centro futbolístico con numerosa afluencia de rapaces e rapazas de diferentes idades que, movidos pola súa paixón polo fútbol, apúntanse ao Campus da SDC Milagrosa. Este ano terán lugar actividades tanto nas instalacións de Frigsa, como en Gandarío, Burela e Cerceda.

Para coñecer máis acerca das actividades e do crecemento do Campus, falamos con Luisón, coordinador desta edición número XVI, que comezará o día 23 e rematará unha semana despois, o día 30.

Futbolinlugo: Ola Luisón. Este ano o Campus conta cun gran número de actividades. Que novidades ten respcto a anos anteriores?

Luisón: A principal novidade é que pasamos de dúas semanas de Campus a oito días. Outra novidade é que desta maneira o prezo é máis baixo (190 euros por 8 días) e a terceira innovación e que haberá moitísimas máis excursións. Vamos a facer un Campus incorporando outros deportes como balonmán, rugby, voleibol… Iremos a Burela a un rocódromo, faremos skysurf, escalada… En definitiva esas son as principais novidades.

 

Futbolinlugo: Tedes as expectativas postas nunha gran afluencia?

Luisón: Debido á competencia que aparece todos os anos, e tendo en conta que somos o Campus máis “lonxevo” (16 edicións), sempre temos entre 50 e 100 nenos e nenas. O éxito está asegurado, a xente confía en nós e coas novidades mencionadas antes o Campus ten moito atractivo. Polo prezo a xente é aolgo reacia, pero ao contar cun gran número de saídas, lóxicamente é algo máis caro. Sen embargo, aos pais sálelles mellor que sexa máis curto.

 

Futbolinlugo: Ademais, este ano contades cunha ruta de autobús para o desplazamento dos rapaces. Iso incre mentará os asistentes?

Luisón: Si, é un clásico do Campus. Temos un servizo de madrugadores a partir das 8 da mañá, e ademáis temos a ruta de bus que vai por todo Lugo recollendo aos rapaces en distintas paradas que sempre son as mesmas. As actividades comezan ás 10, pero de 8 a 10 temos ese servizo para uns poucos nenos aos que lles deixamos xogo libre ou facemos outras actividades.

 

Futbolinlugo: Cales son os obxectivos básicos do Campus?

Luisón: Que os rapaces o pasen ben. Cada vez metemos máis actividades, máis deportes… e por iso metemos máis deportes, para abarcar todos os campos, e que a diversión estea asegurada.

 

Futbolinlugo: Os rapaces e as rapazas adoitan repetir?

Luisón: A xente normalmente si. Sempre hai alguén que cambia, pero sempre temos 40 ou 50 nenos que son a base do Campus. Algúns levarán 8 ou incluso 10 edicións disfrutando con nós.

 

Futbolinlugo: Que cambiou respecto ás primeiras edicións?

Luisón: Fundamentalmente o tema de incorporar más deportes. Deixar o fútbol algo máis de lado, antes eran xornadas táctico-técnicas, pero tanto nenos, como pais e adetradores rematábamos saturados de tanto fútbol (especialmente despois de concluír a temporada). Rematamos pensando que non funcionaba, e cada vez organizamos máis viaxes para que os nenos coñezan Galicia, a provincia de Lugo…

 

Futbolinlugo: Moitas gracias por atendernos.

Luisón: A vós.

Animamos a todos os pequenos a particpar neste Campus que de seguro encherá de diversión e deporte o inicio das vacacións!!!

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*