A pasada fin de semana tivo lugar en Becerreá un dos torneos clásicos da pretemporada. Como antesala ás ligas provinciais de Fútbol-8, celebrouse o VII Torneo de Alevíns e Benxamíns, organizado pola SD Becerreá. O Concello de Becerreá foi un dos patrocinadores, mellorando así os servizos ofrecidos no Municipal.

Falando primeiro dos alevíns, categoría na que competiron un total de 16 equipos, o torneo non defraudou. Organizado en catro grupos de catro equipos, a Residencia levaríase o triunfo ante o Polvorín. Equipos de fóra da provincia, como a SD Ponferradina, tamén asistiron a esta gran xuntanza de pequenos futbolistas.

En benxamíns, a Residencia repetiu título, impoñendose na final ao seu filial, a Residencia “B”. Tamén a Ponferradina contou con representación nesta idade. Un gran número de rapaces participaron na cita, na que se reuniron familares e amigos de todas as partes da provincia e de todas as idades…

Velaquí unha pequena selección dalgunhas imaxes do torneo, podes consultar a galería completa no Facebook da SD Becerreá!

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*