Nas últimas semanas, a reportaxe de fútbol base tivo como obxecto á Residencia xuvenil, por ser un dos mellores equipos da provincia. Sen embargo, non son os únicos. A SD Chantada xuvenil encabeza a clasificación da Segunda Fase do grupo ourensán, ocupando unha praza que da o ascenso á Liga Galega Xuvenil Sur. 

Os xogadores desta SD Chantada levan disputados 20 partidos no que vai de liga, contando tan só cunha única derrota e dous empates no seu palmarés. O resto, vitorias. E contundentes, xa que contan cunha diferencia de goles de +47.

O único equipo que semella aguantar o ritmo dos lucenses é a UD Ourense, equipo que tamén busca unha praza na prestixiosa Liga Galega. A fazaña destes mozos non está a pasar desapercibida para nós, polo que hoxe falamos co adestrador da SD Chantada, Traste!

FIL: Que destacarías do teu equipo?

T: Máis que nada, a actitude que mostran nos partidos e o grábalo semanal. Ademáis, son un equipo moi competitivo que leva xogando xunto moito tempo. Todo axuda a que as cousas vaian ben.

 

FIL: Poderedes, por fin, devolver ao Chantada á Liga Galega?

T: Si, vista a competición pensamos que podemos optar ao ascenso. A Fase Previa está mais ou menos encarrilada, con 10 puntos sobre o quinto. Pero seguiremos partido a partido para conseguir o ascenso directo.

 

FIL: Como está o ambiente no vestiario?

T: Están moi unidos e hai moi bo ambiente. Agora afrontarán o que queda con moitas ganas.

 

FIL: Cales son os obxectivos do proxecto de base no Sangoñedo?

T: Este ano creamos o Xuvenil “B”. A filosofía é apostar pola xente da base no equipo sénior, de feito a maioría dos xogadores dese conxunto pasaron polas inferiores. Queremos potenciar a base, o traballo e o sentimento de clube.

 

FIL: Pensas que algún dos teus xogadores pode chegar a unha categoría superior?

T: Isto é fútbol, e falar diso é aventurarse moito. Por calidade e traballo hai xogadores de gran nivel, pero quédanlles moitisimos anos aínda para formarse.

 

FIL: Que é o que máis desfrutas como adestrador?

T: Que a xente saiba que ao adestrar van competir, e que en canto ao modelo de xogo intentamos que teñan o balón, porque é a idade máis adecuada para facelo.

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*