O equipo de Frigsa domina a Segunda Fase do Provincial cadete con 15 puntos, dous por enriba do segundo clasificado, a SDC Residencia.

A meritoria posición clasificatoria non se debe á fortuna, posto que xa na Primeira Fase os albivermellos lideraron a táboa, e desde o comezo da temporada foron considerados como serios candidatos ao ascenso.

Nesta Segunda Fase, os pupilos de Madriles contan practicamente a totalidade dos seus partidos por vitorias, excepto unha derrota no Municipal do Castro, e suman unha diferencia de goles de +19. Porén, non foi ata a pasada xornada cando acadaron o primeiro posto, tras vencer á Residencia (que antes do choque estaba por enriba da Milagrosa na clasificación) por 3-0, nun duelo no que foron superiores en todos os aspectos.

Todo semella indicar que a Milagrosa será o rival a bater neste provincial. Os equipos que están a seguir o ritmo dos do López Gorgoso son tanto a Residencia como o Ribadeo, equipos que levan uanos tentando acadar o ansiado ascenso á Liga Galega.

Desde Futbolinlugo seguiremos de preto o desenvolvimento desta emocionante Liga Provincial Cadete!!!!

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*