Avecínase unha auténtica festa futbolística este fin de semana no Anxo Carro, a CDLU CUP. Da man do organizador, o CD Lugo, daránse cita no estadio lucense rapaces pertencentes a algunas das mellores canteiras da Pensínsula Ibérica.

Os alevíns de primeiro ano serán os protagonistas os vindeiros días 24 e 25 de xuño. Oporto, Benfica, Málaga, Villareal, Celta, Valladolid, Celta de Vigo, Deportivo da Coruña… serán algún dos clubes que participarán neste torneo que, de seguro non defraudará.

A xornada de sábado comezará cunha fase de grupos que rematará ás 21:30. O domingo Terán lugar os cuartos, as semifinais e a final. Sen dúbida, o atractivo desta competición estará nos conxuntos que se enfrontan, ademais de outorgar aos pequenos a oportunidade de xogar nun campo de Segunda División.

Tralo sorteo, esta foi a composición dos grupos:

  • Grupo A: Valencia CF, Real Club Celta de Vigo, Real Valladolid e EF Lalín (clasificado na fase previa).
  • Grupo B: Málaga CF; Real Club  Deportivo de la Coruña, Sporting de Gijón y Victoria CF (fase previa)
  • Grupo C: Villareal CF, SL Benfica, CD Lugo y CD Calasanz (también clasificado en la fase previa)
  • Grupo D: Sevilla FC, FC Porto, SD Ponferradina, UD Santamariña.

Animamos a todos os amantes do fútbol a disfrutar dun torneo inédito este sábado e domingo! Futbolinlugo continuará achegando máis informacións acerca del!

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*