Tal vez non do xeito soñado. Tal vez con máis derrotas das agardadas. Pero no fútbol, como na vida, hai que ser realista. Ox xogadores do Polvorín infantil están a desfrutar a súa andaina na Liga Galega ao máximo, aproveitando cada minuto, viaxando por Galicia e formándose de cara aos seus futuros anos no fútboltanto base como sénior.

Hoxe quixemos falar co seu adestrasdor, Francisco Caballero, para facer balance do que ten transcorrido de campaña e dos obxectivos do conxunto de Montirón de cara ao final de tempada.

FUTBOLINLUGO: Ola Caballero. Para comezar, como está a ser a aventura do Polvorín la Liga Galega infantil?

CABALLERO: Complicada. Está a ser complicado porque é un equipo con xente moi nova, hai poucos xogadores experimentados, así que está costando. Físicamente somos pequenos, e alternamos partidos bos con malos. Seguimos preparando a segunda fase, que é a que importa.

 

FUTBOLINLUGO: Probablemente, a sorte non está a acompañar. Seica merecistes máis puntos…

CABALLERO: Si, hai partidos nos que merecimos máis. Sen ir máis lonxe a semana pasada na casa do Victoria estabamos traballando ben, estaba igualado, pero entre lesións e mala sorte fóronse os puntos.

 

Caba recoñece que no Polvoín aprenden todos: pais, nenos e adestrador.

FUTBOLINLUGO: Imaxinamos que as viaxes cada 15 días á provincia da Coruña son toda unha alegría para os rapaces…

CABALLERO: Si, ademáis é unha nova experiencia, para eles e para o club. É unha liga na que vén a xogar o Deportivo, o Santiago… estás a xogar contra equipos que poucas veces tes diante. Os rapaces entrenan ben, pero os demais equipos son máis veteranos nesta categoría.

 

 

FUTBOLINLUGO: Como adestrador, tamén se aprende nunha categoría así?

CABALLERO: Si, en cada partido observas cousas coas que te quedas, aprendes do rival e do fútbol para despois tratar de sacar o mellor de nós.

 

FUTBOLINLUGO: Que é o mellor da Liga Galega?

CABALLERO: A experiencia que se vive é moi bonita. A viaxe, a unión dos nenos… sumada a competir nunha liga cun nivel moi alto.

 

FUTBOLINLUGO: Moitas gracias por atendernos, Caballero.

CABALLERO: A vós.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*