Corríamos tanto e sen saber porqué. Ata que de súpeto tivemos que parar e deunos tempo para reflexionar sobre si o que estabamos facendo era o correcto. É correcto que saquemos aos nenos do seu entorno de amizades e familiar a idades tan temperáns para levalos a un clube a moitos kilómetros de distancia, cun gran sacrificio para os propios nenos e a súa familia?. É lóxico que concentremos o talento a estas idades en dous ou tres clubes con perxuizo para a propia competición¿ E para a subsistencia de pequenos clubs que fan un gran labor? E para os propios potenciais futbolistas?

O futuro do no noso futbol está na canteira. Por certo, tan talentosa e prolífica como calquera outra do Estado. Entendo que o fútbol base en Galicia debe ser reformulado atendendo a estes parámetros:

Os nenos, ata cadetes como mínimo, deberían desenrolar as suas cualidades nos clubes formadores de proximidade (Calasancio, Pabellón, Galicia Caranza, Victoria, Conxo, Areosa, etc). Contando con ferramentas axeitadas (adestradores vocacionais e capaces tanto na fase de iniciación como de perfeccionamento), sen perxuizo de que os clubes profesionais (Celta, Depor, Lugo) os invitaran a competir en torneos para ver a sua progresión contra outros clubes de nivel similar.

A concentración de talento por tanto debería deixarse para fases de rendemento deportivo, onde os xogadores xa estan máis maduros (cadetes de último ano e xuvenís). O que propiciaría que estes futbolistas se motivasen para conseguir unha meta, que xa poden ver máis cercana. E resolvería a frustración de verse rexeitados en idades moi prematuras, coa consecuencia de que moitos deles  perdan interese polo fútbol.

Para eso é necesario que a Futgal, (Real Federación Galega de fútbol) en colaboración cos clubes cuide que se cumplan esos parámetros. E deseñe unha competición axeitada nas categorías de base que fomente e non desanime a práctica do fútbol e o traballo dos clubes de canteira.

Estou seguro que deste xeito, os futbolistas galegos estarán mellor preparados cando chegen a etapa pre-profesional e os clubes de canteira terán mais posibilidades de sobrevivir. E os clubes profesionais poderán tirar da canteira evitando fugas a clubes de fóra de Galicia. E, de paso, non caer na tentación de traer doutras rexións futbolistas. Que, na maior parte dos casos, non melloran o que temos na casa.

Juan Rodríguez Rodríguez. Histórico do fútbol monfortino. Directivo do Lemos

Comparte
                              

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*