Hoxe falamos con Marta López Sánchez, unha cativa nada no ano 2001, que xoga na SDC Milagrosa feminino sénior e xa conta con varias convocatorias coa selección galega da súa idade. Velaquí a pequena entrevista!

Futbolinlugo: Ola Marta. Xogas co primeiro equipo da Milagrosa a pesar da túa corta idade. Estás orgullosa de poder facelo?

Marta: É una oportunidade que me deu o clube para seguir xogando, xa que é o único equipo feminino da cidade.

 

Futbolinlugo: Por enriba, xa acumulas varias convocatorias coa selección galega. Que significa vestir eses colores?

Marta: É un orgullo defender a túa terra, e se eso implica xogar un campeonato coas mellores de España, pois todavía é máis orgullo.

 

Futbolinlugo: Recibiches nalgún momento chamadas de equipos con máis «caché» que a Milagrosa?

Marta: (Prefire non falar do pasado). Nunca se sabe o que acontecerá no futuro, a vida da moitas voltas. Polo de agora estou aquí e seguirei dándoo todo ata o final.

 

Marta sinala que o fñutbol é o que máis lle gusta.

Futbolinlugo: Polo tanto, estás cómoda no Luis Gorgoso?

Marta: Levo no clube desde que comecei co feminino e todas as rapazas coas que xogo e xoguei acolléronme moi ben desde o primeiro momento.

 

Futbolinlugo: Que é o que máis che gusta facer no campo?

Marta: Sobre todo xogar combinado, é como máis cómoda estou sobre o terreo de xogo.

 

Futbolinlugo: Para rematar. Que é o fútbol para ti?

Marta: O fútbol é o que máis me gusta facer e quero seguir xogando mentres poida.

 

Futbolinlugo: Moitas gracias Marta.

Marta: A vós.

 

Desexamos a Marta moita sorte na súa seguro exitosa carreira como futbolista!!

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*