A base lucense está de celebración esta Semana Santa, e en especial o está Monterroso. Durante as xornadas de xoves, venres, sábado e domingo terá lugar en Monterroso a terceira edición dun torneo que está gañando peso e nome en toda Galicia, sendo xa un referente para moitos equipos de toda a comunidade, o Torneo Promesas José Manuel Alvelo.

O coordinador do torneo, Adrián Vázquez, explicou para Futbolinlugo que «o torneo conta con todas as categorías do fútbol base, desde prebenxamíns ata xuvenís», sendo os infantís os que abran o día 29 de marzo o torneo, seguidos polo cadetes o Venres Santo e por xuvenís na xornada de sábado. Por último, as categorías de Fútbol-8 pecharán o torneo o domingo 31, e «todas as categorías disputarán partidos nos dous campos e gozarán das instalacións».

Engade Adrián que «nesta terceira edición agardamos que o tempo nos acompañe, que as instalacións sexan confortables, que os nenos disfruten ao máximo, pero especialmente que haxa moi bo ambiente e que a vila estea chea de xente de distintas partes de Galicia».

Desde a SD Monterroso contan con poder seguir organizando este torneo moitos anos, «sendo o único problema o traballo que acarrea, xa que hai moitísima xente involucrada os días de competición, e tamén os días previos contamos cunha gran axuda, pero a ilusión dos rapaces, e o incremento do nivel e do número de participantes fai que a nosa ilusión por continuar facendo o torneo medre aínda máis».

En canto aos clubes participantes, esta edición incorpora un maior número de equipos,«especialmente en xuvenís, que este ano chegamos aos 16 participantes, e en canto a número de clubes chegamos aproximadamente a 40 -84 equipos-. Ven xente de A Coruña, en infantís a metade dos participantes xogan en Liga Galega, e tamén temos a clubes como Calasancio ou Pabellón, que suben o nivel».

Destaca tamén Adrián a «novos clubes como o Sporting Cambre, o Ánimas, ou o caso do Vila de Corpus que conta con representantes en 3 categorías, polo que se meterán un gran tute ao vir de Ponteareas tres días… pero sempre nos enche de alegría ter tantos clubes no noso torneo».

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*