Sempre é un boa nova que se desenvolvan actividades enfocadas á aprendizaxe na posición máis olvidada e menos recoñecida dentro dun campo de fútbol, a de gardamallas.É por iso que desde Futbolinlugo nos enorgullece falar do II Clínic de Porteiros do CD Lugo, que terá lugar durante a matinal dos días 26 e 27 de marzo no Campo Municipal do Ceao.

Para saber máis acerca deste campus, falamos xon Rubén Arce, coordinador do mesmo.

FUTBOLINLUGO: Para poñernos en situación, quen pode participar?

RUBÉN ARCE: Calquera neno en idade desde benxamín hasta cadete, os xuvenís xa non poderían participar.

 

FIL: Con que actividades contará o Clínic deste ano?

RA: Haberá una posta en escena para explicar o procedemento do día, despois una segunda parte máis centrada en actividades de neurociencia, de activación mental e unha subparte de técnica aislada, despois situacións de xogo, e por último unha batalla entre os participantes, a cuxo gañador se lle darán premios como luvas dos gardamallas do primeiro equipo.

 

FIL: Incorporades algunha novidade con respecto ao ano pasado?

RA: En canto ao adestramento. O formato do día é o mesmo, pero estamos probando cousas a nivel táctico e tamén nas situacións de xogo, e tamén traballaremos cousas como o nivel de visión dos porteiros, que está a darnos moi bo resultado na nosa base e trataremos de aplícalo.

 

FIL: Quen serán os monitores do clínic?

RA: Vouno coordinar eu, e participarán os adestradores de porteiros do clube, exadestradores de porteiros do clube, incluso algún doutros clubes. Haberá tamén presencia dos porteiros do primeiro equipo e o seu adestrador, pero aínda non sabemos a que nivel poderán estar implicados porque non coñecemos os horarios de adestramentos. Non sabemos se estarán media hora, dúas horas ou toda a mañá, pero si que estarñan conncosco.

 

FIL: Cales son as expectativas de cara a esta segunda edición?

RA: Continuar dando servicio á xente de Lugo provincia ou de fóra, que todo o mundo saque beneficio do gran traballo que está a facer o clube, e sobre todo ofrecer ese gran servicio pedagóxico aos demais nenos, e non tan só aos do noso clube. Que teñan un aspecto didáctico dentro dun aspecto de diversión.

 

FIL: Concluíndo, o obxectivo é que todos os rapaces aprendan e desfruten.

RA: Si, o obxectivo é pedagóxico, non é unicamente lúdico. Queremos que aprendan a metodoloxía do clube e que, por suposto, se divirtan.

 

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*