Hoxe presentamos a nova da celebración dunha competición de fútbol feminino, neste caso para rapazas en idade infantil. Nela participará un equipo representante da provincia de Lugo, a SCD Milagrosa!A Copa Gallaecia xurdiu para poder contar en Galicia cunha competición propiamente feminina en idade infantil, xa que nesta categoría os equipos femininos compiten cos masculinos en ligas mixtas, ou ben os conxuntos infantís contan nas súas filas tanto con rapaces como con rapazas.

O desenvolvemento da Copa Gallaecia divídese en catro xornadas, que terán lugar en distintas sedes e contarán con nove partidos cada unha delas. Os equipos participantes son a Milagrosa (representante lucense), o Sárdoma vigués e o Chispa por parte da provincia de Pontevedra, o Victoria CF e o Orzán, da cidade da Coruña. Curioso é que o último participante na copa é outro Victoria, neste caso Victoria FC, clube procedente da capital galega, Santiago de Compostela.

En cada xornada aplicaráse a puntuación dos encontros como se se tratase dunha liga regular: 3 puntos por victoria e 1 por empate. Ao concluir as tres primeiras xornadas e a metade da cuarta (os encontros da xornada matinal), sumaránse os puntos de cada equipo para establecer así unha orde clasificatoria. Os dous primeiros enfrontaránse na gran final, mentres que o resto dos equipos disputarán entre eles da terceira á sexta posición.

As sedes desta I Copa Gallaecia serán as seguintes:

  1. Lugo. Luns 17 de abril e 2017.
  2. Santiago. Luns 1 de maio de 2017.
  3. Vigo. Sábado 10 de xuño de 2017.
  4. A Coruña. Sábado 17 de xuño de 2017.

Os enfrontamentos de cada xornada pódense ver na seguinte imaxe:

Os equipos enfrontaránse entre si dúas veces.

 

Desexamos moita sorte as nosas rapazas da SCD Milagrosa nesta nova andaina e manteremos informados aos nosos lectores do transcorrer desta bonita competición!

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*