Esta xornada será a última da temporada para os rapaces en idade infantil, cadete e xuvenil que disputan a Copa. Tras varias eliminatorias moi vistosas nas tres categorías, tan só quedan vivos dous equipos en cada unha. 

A campaña na base de Fútbol-11 lucense chega ao seu fin, pero faino da maneira más espectacular posible. Esta fin de semana seis conxuntos disputaránse tres títulos en distintos campos da provincia. Non o podes perder!!

En categoría infantil, a Sarriana mediráse ao Ribadeo ás 11:30 am do sábado 3 de maio. Os xogadores terán que desprazarse ata o Campo da Mina, na Pontenova, onde o espectáculo está garantizado.

O Ribadeo conta cun segundo representante nestas finais. Na categoría cadete, os mariñanos enfrontaránse á Residencia, equipo que tamén disputará esta xornada a segunda eliminatoria da fase de ascenso á Liga Galega. Ambos conxuntos daránse cita en Monterroso, no campo natural de Cerdeiriños, o domingo ás 11:30 am.

Por último, na categoría xuvenil disfrutaráse dun vibrante choque entre Porto Burela Polvorín, no que o conxunto da Marosa parte como favorito. O encontró terá lugar no campo Viñas da Veiga, en Mondoñedo, o sábado ás 18:00.

Desexamos moita sorte a todos os rapaces e agardamos ver un bo fútbol nos tres campos.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*