A División de Honra xuvenil xa coñece o seu calendario. O Lugo buscará estar un ano máis na zona nobre, pelexando de ti a ti cos galiños da categoría. Iso si, este ano non estará só. O Racing Villalbés disfrutará dunha experiencia única tralo seu espectacular ascenso.

O cadro branquivermello comezará na casa ante o Areosa mentres que o Racing Villalbés se estreará no Roca ante o Val Miñor. O Lugo finalizará a tempada tamén no feudo do Llano 2000. O conxunto de Simón Lamas concluirá na casa, ante o TSK Roces A. Os dous derbis lucenses disputaranse nas xornadas 10 e 25. O primeiro será na Chaira o 29 de outubro. A volta será o 4 de marzo. Se queres consultar o resto das xornadas, así como diversas datas sinaladas, preme no enlace que adxuntamos a continuación.

calendario Juvenil DH

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*