Xa se coñecen os calendarios das segundas e definitivas fases da Liga Galega infantil. Nelas, uns loitarán polo título de campións da Copa Galicia, outros por manter ao seu equipo na máxima categoría do fútbol infantil… pero sempre desfrutando do fútbol!

O fútbol lucense conta con tres representantes na categoría: CD Lugo, Polvorín e Calasancio. O primeiro será o defensor da provincia na Copa Galicia, mentres que os monfortinos e os de Montirón tratarán de evitar o descenso á Liga Provincial en cadanseu grupo (sur e norte, respectivamente)

Na primeira fase, o CD Lugo conseguiu o oitavo posto, con 25 puntos en 17 partidos, sendo un dos equipos máis goleadores da competición e demostrando que os distintos xogadores prometen de cara a futuras temporadas!

Pola súa parte, un Polvorín inexperto en categorías de este calibre acadou catro puntos, a pesares de merecer moito máis nalgúns choques nos que a sorte non estivo do seu lado. No que respecta ao Calasancio, o equipo adestrado por Carlos Fontal acadou a catorceava posición, obtendo 14 puntos nun grupo moi complicado.

O obxectivo agora é claro: loitar cada sábado por conseguir os tres puntos que permitan ás vindeiras xeracións destes clubes continuar gozando dunha das mellores ligas do fútbol base!

Velaquí os distintos calendarios con todos os enfrontamentos dos nosos rapaces na segunda fase.

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*