Borja Batallón, SDC Residencia: "O que comezou sendo un grupo de compañeiros, ahora é un grupo de amigos"

Borja Batallón é o capitán da Residencia cadete, equipo adestrado por Rubén Núñez que esta fin de semana xogará a ida da eliminatoria definitiva para conseguir o ascenso á Liga Galega cadete, obxectivo deste conxunto desde que comezou a pretemporada en agosto.

Desde o centro da defensa, Borja lidera aos seus compañeiros, facendo una gran labor. Non obstante, o éxito deste equipo reside en todos e cada un dos integrantes deste plantel. Hoxe sábado, ás 12:15 horas comezou o último paso para estes rapaces, ante o Santiago de Compostela “B”, verdugo do EF Polvorín na anterior eliminatoria. O resultado foi 1-1 . O partido de volta, que decidirá que conxunto ascende, disputaráse o próximo fin de semana na Cheda.

Futbolinlugo falou con Borja nos días previos para coñecer como estaba o vestiario ante este acontecemento. Velaquí as palabras do capitán branquiazul:

Futbolinlugo: Ola Borja. Despois de moitos meses, adestramentos, partidos… chega o momento clave. Como afrontades a eliminatoria?

Borja: Afrontamos a eliminatoria con confianza, sabendo que temos que facer as cousas ben se queremos conseguir o ascenso e temos que mostrar en 160 minutos todo o traballado durante a temporada. Sabemos que non podemos cometer errores pero que podemos facer un bo papel.

 

Futbolinlugo: Que coñecedes do voso rival, o Santiago “B”?

Borja: Todo equipo que chegou ata aquí é porque o ten gañado. Sabemos que teñen xogadores que estiveron xogando durante a temporada como titulares co equipo “A” en Liga Galega (equipo que ascendeu á División de Honra) e que tratan de saír co balón xogado. Necesitamos un pouco de todos á hora de defender, pero sabemos que hai determinados aspectos do xogo e zonas do campo nas que podemos facer dano. Deixando de lado ao rival, o máis importante é facer un bo portido e poder sentirnos orgullosos da nosa actuación.

Temos que mostrar en 160 minutos todo o traballado durante a temporada.

 

Futbolinlugo: Pase o que pase, o equipo fixo unha temporada moi digna. Onde están as chaves do éxito?

Borja: Hai un moi bo plantel con bos xogadores, pero o punto forte deste equipo é que ninguén pensa que está por enriba de ninguén. Todos nos sentimos coa confianza do adestrador e sabemos que temos algo que aportar. Esa confianza fainos confiar máis en nós mesmos e en dar o mellor de nós en cada adestramento.

 

A Residencia cadete foi a campioa do Provincial.

Futbolinlugo: O equipo xa puido ascender nunha eliminatoria ante o san Tirso, pero o equipo coruñés (filial do Deportivo) baixou varios xogadores de División de Honra e imposibilitou o voso ascenso, facéndoos caer na repesca. Como afectou eso aos rapaces?

Borja: Ao principio a todos nos fastidiou, e máis aínda sendo como foi; cando tras gañar a oportunidade de ascender nunha sola eliminatoria chega un equipo ao que lle ceden xogadores de División de Honra para xogar tan só a fase. Logo démonos de conta, coa axuda dos adestradores, de que tiñamos dereito á repesca por ser os campións provinciais e que tiñamos que olvidar ao San Tirso e comezar a traballar pensando no noso seguinte rival.

 

Futbolinlugo: Apabullastes ao Victoria de Santiago na segunda eliminatoria (0-2 e 7-0). Reforzou iso a vosa confianza?

Borja: Traballamos durante as dúas semanas e iso viuse no campo, é un impulso de confianza ver os resultados dos esforzos e anima a traballar aínda máis.

Intento apoiar aos meus compañeiros e tentar que a confianza aflore en todos.

 

Futbolinlugo: Como capitán, que consideras que está nas túas mans á hora de poder lograr o ascenso?

Borja: Para conseguir o ascenso necesitamos dar todos o mellor de nós. Eu intento facelo en cada partido pero sobre todo apoiar aos meus compañeiros e tentar que a confianza aflore en todos.

 

O “Borrolismo” é evidente.

: A nosa redacción xa falou un par de veces co voso adestrador, Rubén, e sempre afirma o bo ambiente que hai no vestiario. Axuda eso de cara a loitar xuntos polos obxectivos?

Borja: Sen dúbida outra das claves do conxunto. O ambiente no vestiatio , tanto entre xogadores como con adestrador, e moi bo e iso vése no campo. A relación con Rubén é moi boa, pero sabendo diferenciar os momentos de traballo e outrso máis distendidos. Todo inflúe á hora de ser mellor grupo e ter, como consecuencia, mellores resultados.

 

Futbolinlugo: Cal é o teu mellor recordo desta campaña?

Borja: Está sendo unha grandísima temporada, está a deixar recordos que non vou olvidar, pero quédome co partido frente ao Polvorín na súa casa. Ambos xogabamónolo todo nese partido. Eles chegaban líderes, un punto por riba de nós, e só restaban dúas xornadas. Non valía nada máis que gañar. Cando chegamos ao Polvorín, abarrotado, os nervios notáronse desde a charla inicial. Pero a charla quitounos a tensión, e aportou o estímulo de ser un partido importante. Todos ofrecimos a nosa mellor versión e fixemos un partidazo. Gañamos 0-3.

 

Futbolinlugo: Que é o que máis disfrutas do fútbol?

Borja: Encántame o fútbol, tanto xogalo como velo. Gústame adestrar, gústame competir, pero co que máis disfruto é toda a xente que coñezo gracias ao fútbol. Gracias a el, o que era un grupo de compañeiros a principio de temporada, é un grupo de amigos dez meses despois.

 

Futbolinlugo: Gracias por atendernos Borja. Moita sorte.

Borja: Gracias. A vós.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*