Redactor - Santi Real

As condicións da volta aos terreos de xogo

A Covid-19 chegou para quedarse, desgraciadamente. Xa fai varios meses que levamos adaptando distintas actividades das nosas vidas para pelexar contra esta dichosa enfermidade que nos merma. Unha desas actividades que cómpre seren adaptadas é o fútbol, polo que cada un de nós latexamos día si e día tamén. Onte, martes 4 de agosto do 2020, a Federación Galega colgaba na súa páxina web un protocolo de acción para poder desenvolver as competicións amateurs na 20/21.

Ler máis

O fútbol feminino retorna a Monforte de Lemos

O 2020 quedará por sempre nas nosas mentes. É evidente que a pandemia mundial que levamos sufrindo desde o mes de marzo supuxo diferentes retos a nivel individual e colectivo. Ao mesmo tempo, as moitas horas que pasamos nas nosas casas deron para pensar, algo que sempre é positivo. Entre todas as ideas que apareceron nesas duras semanas, unha delas destaca sobre as demais: o renacemento da ADC Monteforte. Ler máis

Palabra de… Marcos Fernández: «Xa sería tempo de amigables»

Esta fin de semana, dun ano calquera, os futboleiros máis apaixoados estariamos de noraboa, polo menos os da parte da Mariña. O Triangular da Festa dos Chóferes de Alfoz daba o pistoletazo de saída aos amigables do verán.
Logo de dous meses sen fútbol xa lograbamos matar o «gusanillo» e sobre todo volvíamos sentir esa maxia de disfrutar do ambiente do noso fútbol popular.
Falar con outros «frikis» coma ti, escoitar a algún directivo falar con orgullo dun fichaxe ou do xuvenil que este ano si dará o salto ao primeiro equipo, son eses intanxibles que che dan moita vida.
E encima estes dous últimos anos en Alfoz tamén comezaban os preparativos para a Guía do Fútbol Lucense, as primeiras fotos, os primeiros datos…..
Este verán do 2020 temos que cambiar o chip, asimilar que o coronavirus veu para quedarse e o fútbol non será o mesmo nun tempo, e moi especialmente o que máis nos gusta, o dos nosos equipos, onde xogan os nosos compañeiros, os nosos amigos ou veciños.
Vemos que o fútbol profesional, con toda a súa infraestructura, non é alleo aos problemas do Covid-19, e que as ansias de rematar as competicións, sexa como sexa, lle xogaron unha mala pasada aos seus dirixentes.
Fai tan só uns días, Negrín expresaba nesta web as súas dúbidas ao respeto da vindeira temporada. E non é para menos. A incertidume ao redor desta pandemia que nos tocou vivir é grande e non é posible facer unha previsión nin a un mes vista.
De todos é sabido que os equipos do fútbol popular non poden sobrevivir sen os seus socios, os patrocinadores que fan un esforzo grande para apoiar aos veciños, e tampouco sen os ingresos que xera a cantina cada domingo. 
Veremos se nun prazo de tempo non moi amplo se pode compaxinar todo isto e o Covid-19 nos da unha tregua.
Confiemos en que así sexa.
Marcos Fernández, redactor en Futbolinlugo e amante do fútbol popular. 

Ramón Labrada, Meira CF: «Ás veces é necesario parar»

O campo da Lomba, en Meira, é un dos máis estéticos da provincia de Lugo. O seu anfitrión, o Meira, é un dos rivais que todos os equipos temen. E non é un medo infundado. Futbolistas con maior ou menor calidade pero que sempre deixan a pel no terreo de xogo, unha afección que presiona ata ao xogador máis seguro de si mesmo, etc. Ler máis

Os lexionarios da Ponte xa están en Primeira

Se algo caracteriza á cidade de Lugo é a súa historia. Aínda hoxe hai na localidade vestixios da súa gloria do pasado: unha muralla bimilenaria, a calzada romana, a ponte romana (agora reconvertida)… dan boa conta da importancia que tivo noutrora a capital da nosa provincia. Hoxe, un dos monumentos antes citados, a ponte, da nome a un barrio que está -curiosamente- a facer historia de novo. Ler máis

Adrián Vázquez, SD Chantada: «O obxectivo é ascender a Preferente»

Foi un dos motores da SD Monterroso nos últimos anos. Fíxose un nome no fútbol provincial grazas ao seu labor en Cerdeiriños, sumado a moitos anos de experiencia en distintos clubes de toda Galicia, nos que desenvolveu diversas actividades: Ciudad de Santiago, Pontevedra, Polvorín, Calo, Laracha, Cerceda, Antas ou As Pontes gozaron na última década dos servizos de Adrián Vázquez.  Ler máis

Diario dun mercado. Episodio 153

Onte houbo unha moreira de novidades no mercado. Porén, os nosos clubes non descansan e as notificacións con fichaxes, renovacións… non deixan de chegar. Hoxe, un novo Diario dun Mercado con sorpresas! Comezamos pola Terceira División, onde seguiremos desfrutando un ano máis de Fernando Cuadrado, que renova o seu compromiso co Racing Villalbés. Ler máis

Diario dun mercado. Episodio 144

Xa o anunciabamos onte. Foi saír a resolución federativa que da por concluida a temporada e o mercado explotou. Hoxe, apenas 24 horas despois da última edición do Diario dun Mercado, chegamos con máis novidades, desde a Terceira División á Terceira Autonómica, pasando tamén polas categorías de base. Ler máis

Pepete, SD Burela: «Queremos que desfruten os xogadores, o corpo técnico, os pais e as nais»

Como xa dixemos os últimos días na nosa web, a crise da COVID-19 está a deixar moita pegada no fútbol. Unha das consecuencias derivadas da mesma é o adianto do mercado de fichaxes: diferentes renovacións, incorporacións ou despedidas están a ser anunciadas nestes días. Unha delas é o troco de adestrador na SD Burela: Jaime non continuará na Marosa e será relevado por José Bermúdez Mosquera, «Pepete», un clásico da Mariña que volve aos campos tras catro anos afastado deles. Ler máis