Redactor - Diego Díaz Martínez

Preferente e Primeira xa coñecen a súa Copa

Os clubes de Preferente e Primeira Galicia xa saben a súa sorte na nova Copa Deputación 2017. O tradicional torneo da Primaveira comezará o próximo 28 de maio, coa disputa de seis eliminatorias previas. Cruces dos que quedaron exentos todos os conxuntos de Preferente Galicia e os tres primeiros clasificados da Primeira Galicia, así coma o Chantada B. Estes últimos equipos entrarán en liza xa no mes de xuño. O día 4, concretamente. Data oficial para os octavos de final. Todos buscarán estar na gran final do día 25 de xuño. Nun escenario neutral que determinará a Delegación de Lugo da Federación Galega de Fútbol.

Tódalas rondas se disputarán a partido único. Cando se enfronten conxuntos de distinta categoría, o encontro xogarase no campo de inferior categoría. Se son da mesma liga, o clube local será o que está situado na parte superior do cadro. Hai que dicir que en caso de empate ao final do tempo reglamentario, non se xogará prórroga. Irase directamente aos penaltis.

O mellor recollepelotas do país

Non fai moito tempo, o noso amigo Fernando Currás falábanos dos Homes de Clube. E quixemos ir a coñecer a un deles. Chámase Marcos López Rodríguez. Para os habituais do Arturo Pereiro ‘Marquiños de Castro‘. Un auténtico fenómeno, o mellor recollepelotas do país. Chova, neve ou trone, alí esta él «dende hai seis anos» pegado á liña de banda do antigo Municipal. Correndo coma un lóstrego para recuperar o balón, previo lanzamento doutro ao terreo de xogo. Recoñéceselle fácil: peto laranxa, lentes e un eterno sorriso. Ese que reflicte o feliz que é co seu traballo. A pesares de que en inverno as súas ‘katiuskas’ de mariscar lle limiten o sprint.

Conta a lenda que Marquiños fai máis quilómetros que moitos dos futbolistas que desfilan cada xornada polo Arturo Pereiro. A banda do marcador e un dos fondos son todos seus. Iso como mínimo. Porque Marquiños é un home polifacético. Axuda «coa lotería de Nadal ou coa campaña de abonados». Aquí móstrase moi orgulloso ao facer este curso «80 socios novos para que o equipo poida ter liquidez».

O futuro de Marquiños estará ligado ao CD Castro mentres o clube o queira porque o mellor recollepelotas do país está «orgulloso e encantado con estes chavales, unha peña moi grande». A renovación non vai depender da categoría porque non lle importa frecuentar a súa banda «en Terceira Rexional ou en Primeira co Barcelona». Marquiños, unha especie en extinción. Un dos escasos patrimonios incalculables que ten o noso fútbol. E que agardamos seguilo disfrutando por moito tempo. Longa vida aos homes de clube!

Hemeroteca: Portomarín, doctorado en ascensos

Hai escasas semanas o Portomarín confirmaba o seu regreso á Segunda Galicia. Mesma categoría que alcanzaba no ano 2010. Firmou un incrible ascenso na última xornada ligueira. No campo da Ribela e ante o colista Sarria. E aquí temos o gran desenlace desta histórica tarde para os de Chao da Poza. Sen máis dilación, deixámosvos co vídeo de Iria Vázquez.

Once da Xornada 30 na Primeira Galicia

O Outeiro deu un paso máis de cara ao ascenso tras vencer ao sempre perigoso Páramo. O medio Aarón foi o máis destacado esta xornada. Na medular volve ao once o eterno Canario, que fixo de auténtico veterano ante o Riotorto. Nun dos encontros máis destacados, o focego conseguiu que todos bailasen ao seu ritmo. Outro dos de arriba que non fallou foi o Monterroso. Nun duelo, con Guardia Civil incluida, o Monterroso aproveitou a rigurosa expulsión de Jandri nada máis comezar para fimar un cómodo triunfo. Dous goles de Hugo e outros dous de Fernandito, xunto a un espectacular ‘Guaje’ Iago; lideraron a victoria ulloana. O Valadouro terminou con nove xogadores e desquiciado co colexiado. Ademais o Santaballés goleou ao Chantada B nunha gran actuación de Iago.

O outro conxunto que ocupa postos de descenso directo, o Antas, deixou un dos goles da xornada. Eso sí os puntos quedaron para un Pastoricense práctico. Iñaki destacou nos do Acebreiro. Por outra banda a Milagrosa arañou un punto ante o líder Residencia. O polivalente Diego Redondo, esta vez no medio, deu un recital na antiga Frigsa. Hai que dicir que no noso once colocámolo no lateral esquerdo, posición habitual do ex da Comercial. É o que ten que todos os medios sobresaían esta xornada.

Xove Lago e Bóveda igualaron sen goles na Mariña. Leo, polos monfortinos, e David Rivas, polo Xove; estableceron unha bonita batalla no centro do campo. No partido adiantado ao sábado, o San Ciprián proseguiu co seu gran momento de forma. En parte, grazas á aportación de Gio. Por último, o Taboada ganou in extremis ao Burela. Noé marcou dos goles. O outro foi cousa de Ivi, que firmou unha reaparición estelar coa súa obra de arte en forma de tanto. O noso porteiro, a pesares de encaixar tres goles, é Simón do Burela. As súas paradas na Medela ben merecen que lle demos a nosa portería.

Galería de imaxes Castro-Cerceda (Terceira División)

Palabra de… Manu Amor: E se aprendemos do rugbi?

Deporte rei sí, pero… por qué non aprender do rugbi? A nova de que un árbitro suspendera un partido no grupo balear da Terceira División porque lle chamaran “tonto” e “gilipollas” ata en tres ocasións, segundo él mesmo afirmou, foi protagonista a pasada fin de semana. Algúns diarios deportivos de calado nacional, para o meu asombro, titulaban o seu artigo do sucedido entre exclamacións, coma se fose algo sorprendente, digno de risa.

No meu afán por ler todo o que se me pon por diante, fai unhos días atopei, nun lugar web de contido baloncestístico, outra interesante referencia. Pedía o autor ós afeccionados do ‘basket’ que non se convertesen en ‘futboleiros’; triste, pero certa realidade. O deporte rei queda manchado. Por culpa duns poucos, certo é. Pero, ata cando?

Nos últimos días tamén foi o VAR quen encheu portadas e abriu informativos. Semella que, moi lentamente, o fútbol vai avanzando no aspecto tecnolóxico e acurtando camiños respecto a outros deportes. Un dos pioneiros en empregar un sistema de arbitraxe externo foi o rugbi. E por qué non ‘importar’ tamén outras cousas del?

Adoito presenciar partidos de rugby. Grazas ao meu pai, gran afeccionado a este nobre deporte. Por encima da competición e do espectáculo, ensina valores. Honestidade, lealtade, respecto polo rival.  Aquí, en Lugo, temos a un humilde clube coma o Muralla, na 1ª Territorial Galega. Nos seus encontros, os linieres son os propios xogadores de ambos equipos, un de cada un, que axudan ao colexiado. Nunca hai unha soa protesta. Viral foi unha acción dun España-Georgia, nunha xogada no que un xeorxiano protestou unha infracción e a grada enteira lle respondeu ao grito de «Futbolero!”. Sería de parvos negar que a pasión coa que o vivimos converte ao noso deporte no que é: o deporte rei. Pero… por que non aprender do rugbi?

Manu Amor (@ManuAmor1), redactor na ADG, en Galifútbol e colaborador da Cadena COPE

Hemeroteca: O Castroverde repite a súa historia

Hai menos dun mes que o Castroverde firmaba o ascenso á Segunda Galicia. Non era a primeira vez que o facían. Xa dicía Barceló, non o confundan co do ron, que «a Historia é un ciclo continuo, sen cortes, no que algúns dos seus parámetros fundamentais se repiten». E diso damos fé na nosa hemeroteca. No ano 2009, os da Veiga do Olmo fixeron a mesma xogada despois de vencer ao Oural na casa por 6-0. Set en branco. Aquí tedes a proba de Tino tino. Dentro vídeo!

Once da Xornada 29 na Primeira Galicia

O fútbol mariñán está a vivir un gran momento. Especialmente grazas ao renacer de dous equipos. O San Ciprián volveu gañar unha semana máis e segue coa súa gran segunda volta. Desta vez, asaltaron nin máis nin menos que O Acebreiro. Así que merecían estar por partida dobre no noso once. Madariaga, por unha grandísima parada nun momento clave. E Carlos, por parecer un interior de toda a vida sendo lateral. Para os curiosos, Borja Mella marcou unha xornada máis. Por outra banda, os veciños de Burela venceron pola mínima ao Santaballés. Tanto para Maseda e presenza nos mellores da semana para Jairo.

Outros que recuperaron a sonrisa foron os amigos de Foz. Porén é moito máis doado dende as alturas. Máis aínda se Diego Hermida che firma un hat trick en dezasete minutos. Os problemas mariñáns chegaron no Sangoñedo. O Xove Lago non pasou do empate ante o Chantada Atlético. Aitorín, extremo reconvertido a lateral esquerdo, foi o mellor. A peor noticia da semana para os clubes da zona norte foi para o Valadouro, que se deixou os tres puntos na visita ante o Chantada B. Gran encontro da defensa do filial, en especial de Amis. Gol incluido.

Na zona alta, o Outeiro aproveitou a resaca festiva da Residencia para meterlle distancia ao Monterroso. O solitario gol de Samuel e o soberbio encontro de Rubincha contribuiron á causa. O Riotorto fixo o resto. Os de Labrada quitáronlle dous puntos aos de Adrián Vázquez nun encontro pouco vistoso e accidentado. O meta Rubén foi sustituido tras un golpe con Lorenzo, que marchou directo a Lugo cunha brecha na cella. Porto destacou unha vez máis na defensa dos de Cerdeiriños e Cristian foi o máis perigoso dos da Veiga. Ademais, o Bóveda goleou a unha Milagrosa á que se lle acaban as balas. Iago firmou un partidazo no Hermanos Somoza. Por último, Corbelle guiou ao Páramo ao triunfo ante o Taboada.

 

Hemeroteca: Un ‘duro’ domingo calquera

Hoxe viaxamos uns anos atrás. Campo Luis López Gorgoso da Frigsa. Alí dispútase un dos múltiples encontros de Fútbol-7 (agora Fútbol-8). O nome dos equipos é o de menos. Neste caso, son a Milagrosa e o Escuelas Lucenses (Lugo). O realmente importante é o esforzo que fan estos rapaces. O de madrugar despois de facelo toda a semana. E enfrontarse non só aos seus rivais, senón ás duras condicións atmosféricas: choiva, néboa, frío ou incluso neve. Esta vai polos nosos valientes. E polos seus pais e nais tamén 😉 Deixámosvos xa con este documento de 22222german.

Once da Xornada 28 na Primeira Galicia

A Residencia xa é novo equipo da Preferente Galicia. Os de Álvaro Meilán non fallaron a primeira bóla de partido e firmaron o ascenso na Medela. Róber, mítico lateral convertido a dianteiro nesta vez, fixo o primeiro. Dieguito desatou a festa ca sentenza no minuto 90. Hai unhas xornadas o Outeiro semellaba o claro acompañante dos da Cheda, porén agora hai outro equipo que tamén depende de sí mesmo. Os de Peón caeron na casa ante o Bóveda e o Monterroso foi o gran beneficiado da xornada. Un gran Marcos Macía liderou aos monfortinos. No bando contrario, Veiga era o seu xogador máis destacado. Pero cando as cousas non saen, non saen. E o xoven xogador azulón tivo que abandonar o terreo de xogo antes do descanso por lesión.

Como dicía, as alegrías viaxaron esta vez ata A Ulloa. O cadro de Adrián Vázquez colócase a tres puntos do Outeiro grazas á súa victoria no derbi ante o Chantada B. Óscar Mendez xa fai goles en Cerdeiriños. E moito ollo, porque este home sempre marca nos momentos da verdade. Por se fóra pouco, os seus veciños do Antas axudaron cun triunfo ante o Riotorto nun encontro moi condicionado polo vento. Méndez mandou no centro de campo e axudou e moito a esta victoria fundamental para os de Manuel Mourelos.

Outro dos aspirantes que perdeu foi o Pastoricense. Nin a gran actuación de Casillas puido evitar a derrota ante un gran Xove Lago, que se encomendou a Guijarro na medular. Seguimos na Mariña, onde o Foz tamén se foi de vacío. Por culpa do de sempre: Borja Mella. Dous goles máis, un deles espectacular, para decidir o derbi. No outro duelo comarcal entre Burela e Valadouro, táboas. Jairo foi o mellor dos visitantes e Cora destacou nos do Árbol.

Ademais, o Santaballés recuperou sensacións cunha goleada ante o Páramo.  Doblete do ‘Apache’ Vérez incluido. Por último, nun enfrontamento clave pola permanencia; o Chantada Atlético feriu case de morte á Milagrosa. Un solitario tanto de Erik silenciou a Frigsa. Os de Manolo Couso complícanse a salvación e poderían firmar o seu segundo descenso consecutivo de categoría.

 

Baile de cromos nos banquiños da EF Polvorín

Montirón está a vivir semanas moi complicadas. En pouco máis dun mes varios dos seus banquiños sufriron considerables modificacións. E todos eles da EF Polvorín. O primeiro en marchar foi Óscar Astariz. O antigo técnico dos alevíns deixou o clube despois dunha década de dedicación ao mesmo. Motivos persoais e a perda de ‘feeling’ coa actual cúpula directiva e deportiva pareceron ser os desencadeantes. O trío de técnicos do prebenxamín Álex Glez, David e Marquiños serán os seus substitutos.

No entanto, o máis significativo aconteceu cos xuvenís A. Nunha temporada convulsa, a suspensión de adestramentos e falla de intensidade noutras sesións levaron á dirección deportiva e á presidencia á destitución de Diego Rey coma técnico. No entanto, o xoven preparador seguirá á fronte do Cadete B, equipo co que o adestrador mantén unha forte unión. Os xuvenís A contarán agora con  Dani Arias coma director de operacións no banco.

A marcha destes dous técnicos é canto menos chamativa. Ao igual que a marcha dos diferentes equipos do clube. Algúns rendendo por debaixo do esperado e outros, coma o Cadete A e o Infantil A; loitando por colarse na fase de ascenso á Liga Galega.

Unha confirmación agardada: A Residencia xa é de Preferente

Un vestiario feliz. Un vestiario de Preferente

Era solo cuestión de tempo. Semanas, días, horas… A todos esta Residencia nos cheiraba a Preferente. Incluso antes de comezar a tempada. Nese momento en que colles plantel por plantel. E observas a superioridade dos xogadores blanquiazuis. Un conxunto que conservaba o bloque que os mantivo varios anos na Preferente. Esa categoría á que regresan os Diego Simón, Raposo, Rasilla, os Robertos, Dani Galán… Deste último sigo pensando que ata a Preferente Galicia lle queda pequena. Todos eles eríxense coma pezas fundamentais deste éxito. Ao igual que os retoques quese foron sumando polo camiño. Dende veteranos ilustres coma Nando ou Robson ‘Toro’ ata os xóvenes talentos da fábrica residencialista coma Diego Bravos, Mauro

Celebración na Medela ao remate do encontro

Non lles imos quitar mérito. É moi complicado administrar esa condición de favorito. Facelo como os de Álvaro Meilán case heroico. Ascender en marzo, sacarlle dezanove puntos ao terceiro… Palabras maiores!

A Residencia dominou a competición con man de ferro. Sabedores diso, non quixeron aplazar máis a festa do ascenso. O destino, curioso él, deulles o privilexio de xogar o sábado na Medela. E digo privilexio, porque unha celebración un sábado sempre ten máis miga ca un domingo. Que luns hai que traballar! Roberto marcou ao pouco de comezar e Dieguito culminou a faena minutos antes do pitido final. Ese que desatou a tolemia nun territorio que non terminaba de sentir coma propio. Por eso a festa trasladouse á capital lucense rápidamente.

Alí, os da Cheda celebraron moito máis que un triunfo. Gozaron dun retorno moi agardado. A unha categoría que abandonaran hai dúas campañas de forma prematura. E resarcíronse do mal sabor de boca que deixou a campaña pasada. Atlético Escairón e Polvorín alcanzaron o obxectivo ante unha Residencia que apretou o acelerador ata a última xornada. Sen sorte algunha, eso sí. Esa sorte que esta vez sí disfrutaron.

Palabra de… Esther Núñez: Chegamos para quedarnos!

O camiño foi difícil e permanecerá así no futuro, pero que o fútbol feminino creceu e evolucionou xa é unha realidade. O fútbol feminino chegou para quedarse. Cada día máis mulleres xogan ao fútbol, pero aínda hai moito traballo que facer.

Cando empecei a xogar ao fútbol, sendo moi pequena, lembro que os meus compañeiros eran todos nenos. Nunca houbo ningún problema no entorno, senón todo o contrario, tiven a sorte de ser moi ben acollida por todos, compañeiros, adestradores e pais. Pola contra moitos pais dos equipos contra os que xogábamos quedaban abraiados ao verme, sorprendíalles o feito de ver a unha nena xogando ao fútbol. Cando era pequena había só un par de equipos femininos sénior, que estaban constituidos por xogadoras que xogaran de pequenas con nenos ou de xogadoras que comezaron a xogar ao fútbol sen ningunha base. Pero pouco a pouco e tras moito traballo e esforzo, as cousas foron evolucionando e cambiando e con iso tamén as mentalidades.

Esther, na súa etapa na base da Residencia

Grazas a todo ese traballo hoxe en día ver a unha nena xogando ao fútbol xa non é unha sorpresa, senón algo habitual e agora xa se acepta que unha muller tamén pode xogar ben ao fútbol. O número de equipos femininos medrou e cada día anótanse máis nenas a este deporte. En Lugo contamos con catro equipos femininos sénior e cun aumento de nenas considerable no fútbol base. A S.C.D. Milagrosa aposta pola súa canteira e conta nas súas filas con doce xogadoras alevíns e benxamíns e cun equipo infantil feminino. Na miña opinión a canteira é moi importante, xa que é a clave na formación e no desenvolvemento  das xogadoras e é a base para o futuro.

Sería fascinante poder contar nun porvir con equipos femininos desde a base que competiran en ligas femininas, pero como dixen antes queda moito traballo por facer e aínda que cada día se apuntan máis nenas segue sendo moi difícil xuntar xogadoras para facer un equipo enteiro. Por iso, quero animar a todas esas nenas ás que lles gusta o fútbol e os seus pais a que se inscriban neste maravilloso deporte que é o fútbol. Aínda queda moito traballo por facer e moitas cousas que mellorar e por iso hai que seguir loitando para continuar abríndolle paso ás novas xeracións de xogadoras. O fútbol feminino é xa unha realidade con proxección de futuro e non un proxecto en dúbida.

Esther Núñez Arias. Xogadora da SCD Milagrosa.

Antonio Escribano: charla ‘top’ sobre a nutrición do futbolista

Xa non tedes excusas. Sí, todos os que dicides que queredes deixar de ser ‘fofisanos’. Ou que vos vades alimentar ben dunha vez. Ou simplemente poñervos en forma. A Deputación de Lugo traevos unha charla sobre alimentación no deporte. Concretamente sobre a nutrición do futbolista. Así que as vosas dúbidas quedarán resoltas.

A ponencia correrá a cargo de Don Antonio Escribano Zafra. Un experto na materia. Nutricionista da Federación Española de Fútbol e Baloncesto. E tamén de clubes de renome coma o Sevilla, Deportivo ou Atlético de Madrid.

E chegados a este punto non empezedes con que vos vai custar un ollo da cara. Porque é de balde. Mellor aínda. Os asistentes recibirán un presente moi xugoso: unha entrada para o derbi da Liga LEB Ouro entre o Breogán e o Leyma Coruña. Así que non faltes. A mellor formación, gratuíta e con obsequios; está ao voso alcance. Polo tanto, apuntade ben. Venres 24 de marzo ás 16.3o horas no Salón de Actos da Facultade de Veterinaria. Non falledes!

Once da Xornada 27 na Primeira Galicia

Sí, Borja Mella volve estar no once ideal da xornada. Outros dous goles para a súa conta, que fan que teñamos que ser pesados con él cada semana. Nin a gran actuación de Melendo, o noso elixido a pesares de encaixar tres goles, puido co xoven dianteiro do San Ciprián. Aínda así, nesta ocasión houbo competencia entre os artilleiros da categoría. Farra liderou a remontada do Pastoricense ante a Milagrosa con outros dous goles. E Play firmou outro doblete ante o Chantada B, novo colista. Ao igual que o seu compañeiro Kevin Pierre, con golazo de falta incluído.

E falando de obras de arte temos que viaxar ata Bóveda. Alí Mosqui volveu facer das súas. Minuto 86. Recuperou o balón na súa propia cancha, percorreu máis de medio campo e clavouna na escadra. Foi o 1-2. Directo ao noso once de cabeza. Un tanto decisivo coma o de Fernandito para o Monterroso. Os de Adrián Vázquez recuperaron sensacións ante un Burela que vendeu a derrota moi cara. De feito, o tanto do talentoso mediocentro ulloano chegou no desconto.

O que non marcou foi Dieguito, o mellor da Residencia esta xornada. Eso foi cousa do gran Robson ‘Toro’, o Sergio Ramos da Cheda. 1-0 ante o Santaballés e só quedan tres puntos para o obxectivo. O próximo sábado os de Álvaro Meilán poden cantar o alirón na Medela. O seu perseguidor, o Outeiro, deixouse dous valiosos puntos no Sangoñedo ante o Chantada Atlético. Alí, Samuel demostrou os seus galóns na defensa pese a aterrizar hai escasos meses no cadro de Juan Peón.

Por último o Páramo frenou en seco a un Valadouro que viña de gañar ao líder. Bolo, sobresaiu no conxunto de Melenas. Ollo con eles, poden darlle un susto a calquera agora que teñen a permanencia prácticamente feita. Calidade teñen de sobra. Ademais, o derbi mariñán do Martínez Otero finalizou en táboas. Brillaron as defensas. Cayón polo Foz e Rubio no Xove Lago.

Ángel Fraga: «O Celta é outro mundo pero agardo retirarme con 40 anos no Villalbés»

O pasado xoves un home do noso fútbol estivo en Krasnodar. Sí, na histórica clasificación do Celta para cuartos da Europa League. Berizzo chamouno a filas aínda que finalmente foi un dos descartes do ‘Toto’. Eso sí, foi un máis. Tanto no equipo coma na festa. Falamos xa co mítico Ángel Fraga. O arqueiro chairego que debutou como titular co Villalbés con só 15 anos e que agora defende as cores do filial celtiña.

 

F: Cómo foi esa chamada de Berizzo?

A.F: Coa lesión de Rubén estaba adestrando con eles. Ao final do adestramento dixéronme que ía a Krasnodar. Eu xa me temía algo. Díxomo Berizzo persoalmente.

F: Cóntanos a túa experiencia por terras rusas. Algunha anécdota curiosa?

A.F: Foi todo moi ben, tratáronme moi ben dende o primeiro momento. Un viaxe coma calquera co filial, todos estaban moi atentos. Chegamos alí e adestramos. Había moita tensión, é outro mundo. Logo no estadio, o ambiente espectacular. Era un estadio de dez.

F: É duro o feito de sentirse o quinto porteiro do Celta?

A.F: Non, eu adestro todos os días para estar ao máximo. Estou moi contento e intento traballar para chegar a ser o primeiro porteiro.

Ángel adestrando con Sergio Álvarez. celtavigo.net

F: Algunha vez pensaches en buscar máis minutos. En reinvidacarte?

A.F: Sempre pensas en saír e buscar minutos pero son algo cabezón e gústame traballar moito para conseguir as cousas. Traballando a ver se chega a oportunidade. Eu creo que hai opcións de que poida chegar.

F: Existiron opcións de saír do Celta neste mercado invernal?

A.F: Sí. Algunha sí que existiu. Pero no inverno é complicado saír. Máis aínda para un porteiro. Decidimos quedar. Era o mellor.

Ángel na súa etapa no Rácing Villalbés

F: Volverás algún día ao noso fútbol lucense?

A.F: Esperemos que sí. Ogallá algún día. Volverei fixo. Agardo retirarme con 40 anos coma porteiro do Rácing Villalbés.

F: Dende a distancia, pensas que algún xoven canteirán pode seguir o teu mesmo camiño ou incluso melloralo?

A.F: Sí. Animo a todo o mundo. Hai chavales con moitas cualidades. Con traballo sempre se consiguen as cousas. Dos que hai agora eu creo que se Villares segue neste nivel chegará moito máis arriba. Máis lonxe.